Este sábado Souto celebrará as súas festas na honra da Virxe da Saleta. Oficiarase unha misa cantada polo Coro de Arca ás 12.00 horas. A sesión vermú, amenizada polos Pereiriños, dará paso a un xantar popular. Ás 18.00 horas comezará un tardeo cos dúos Prisma e Son II. Ás 21.00 horas haberá unha degustación de chourizos e sidra. O remate da festa marcaráo a tirada de fogos de artificio ás 00.00 horas.


Deixa unha resposta