Publicidade

Tres días de festa pola Saleta en Loimil

Loimil celebrará dende venres ara domingo as súas festas na honra á Virxe da Saleta.

O venres ás 20.30 horas terá lugar a novena. Unha vez remate farase unha procesión dende a igrexa ata a capela. Estará acompañada pola Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira. Unha vez remate, tiraranse fogos. Ás 22.00 horas comezará unha churrascada popular.

O sábado oficiaranse misas ás 12.00 e ás 13.00 horas. Esta última estará cantada polo coro Voces de Loimil. A sesión vermú correrá a cargo das bandas de música Municipal da Estrada e Recreativa e Cultural da Bandeira. Ambas bandas amenizarán a verbena, que comezará ás 21.30 horas, xunto co dúo Cristina & Lucía.

Ás 13.45 horas do domingo comezará unha misa solemne cantada polo coro Voces de Loimil. Ao remate, subirase a Virxe dende a capela ata a igrexa.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo