Este venres e sábado Santo André de Vea estará en festas.
O venres ás 13.00 horas oficiarase unha misa cantada polo Coro de Tremoedo. A sesión vermú correrá a cargo de Charandonga. A verbena contará coa música de Saudade de Vigo.
Na xornada do sábado, ás 13.30 horas terá lugar a misa, cantada pola Coral Polifónica Estradense. A sesión vermú estará amenizada pola Banda de Música Cultural da Estrada. O grupo Cabaret porá a música á verbena.


Deixa unha resposta