O Obradoiro de Emprego A Estrada Emprega Foresta xa se atopa traballando na Carballeira da Sagrada (Codeseda). Os traballos previstos inclúen podas, plantación de árbores e actuar nas zonas nas que a herba atópase máis danada.
No Obradoiro de Emprego fórmanse 20 alumnos-traballadores. Na Carballeira da Sagrada xa se actuara anteriormente coa mellora dunha pista que bordea a carballeira e que dá acceso a varias vivendas.
Este martes visitaron os traballos o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández.
Imaxe de portada: // Concello da Estrada


Deixa unha resposta