O BNG instou ao PP a “poñer contra as cordas ás eléctricas” para evitar novos apagóns no rural como o sucedido este mércores a causa da borrasca ex-Kirk. Piden que se mellore a infraestrutura e, lembran, non é a primeira vez que o demandan: en febreiro de 2017 tamén o fixeron despois de que varias parroquias quedaran tres días sen subministración eléctrica por outro temporal.
“Cremos que non hai veciños e veciñas de primeira e veciños e veciñas de segunda. Todos e todas pagamos impostos, pagamos a luz ao mesmo prezo, pero para o PP e para as eléctricas, os veciños e veciñas do rural son os últimos da cola”, aseguran destacando a importancia deste servizo para “un rural vivo e con futuro é imprescindíbel”.
Imaxe de portada: torre eléctrica rota en Ancorados pola borrasca ex-Kirk // cedida


Deixa unha resposta