A Estrada acollerá por segunda vez o certame gastronómico The Burguer Top. Será na Praza da Constitución do xoves 10 ao domingo 13. Ata alí achegaranse foodtrucks de diferentes puntos do país.
The Burguer Top preséntase como unha celebración do sabor, a innovación e a cultura street food, pensada para reunir a familias, amigos e amantes das hamburguesas en xeral. Cada foodtruck contará con tres propostas de hamburguesas, con prezos que irán dende os 12 ata os 15 euros.
O xoves poderanse degustar de 20.00 a 23.00 horas, venres e sábado de 20.00 a medianoite e domingo de 13.00 a 16.00 e de 20.00 a 23.00 horas. O concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, confiou en que sexa un atractivo que dinamice a recta final do período estival.
Imaxe de portada:unha das hamburguesas da pasada edición // Concello da Estrada


Deixa unha resposta