Publicidade

Alberto Blanco responde a López Bueno: “Nós nin maquillamos nin elaboraramos a liquidación. Iso faino Intervención”

Alberto Blanco, concelleiro de Facenda, quixo saír ao paso das acusacións feitas polo voceiro dos socialistas, Luis López Bueno, no que o acusaban de “maquillar” as cifras da remanente do ano 2024. Asegurou que “nós nin maquillamos nin elaboraramos a liquidación. Iso faino Intervención. A nosa obriga é render contas” e agardou “que o de López Bueno non sexa ignorancia e sexa só malicia”.

Engadiu que “como concelleiro ten que saber que quen elabora a liquidación é o departamento de Intervención ” e descartou que se produzan inxerencias políticas.

“A parte política aquí non entra, así que non podemos maquillar nada”

“Se temos remanentes é polo diñeiro que chegou, tarde, do Ministerio e que o Concello xa adiantara no seu día”, resaltou Blanco, facendo referencia aos fondos europeos que o Estado tardou en ingresar nas arcas municipais. “Pero o voceiro do PSOE sabe, ou polo menos ten que saber, que eses cartos contabilízanse nos remanentes pero non se poden tocar para facer fonte ao pago de facturas”, sinalou.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo