Publicidade

O Concello sancionará ás empresas que non deixen as pistas forestais no seu estado orixinal

O pasado sábado 29 producíase un incendio forestal en Frades no que os medios terrestres non podían achegarse ata o foco porque as pistas estaban intransitables, imposibilitando que puideran avaliar o risco de que as lapas puideran chegar ás vivendas.

Este foi o detonante de que o Concello decidise sancionar ás empresas madeireiras que non cumpren coa súa obriga de deixar as pistas forestais no seu estado orixinal.

“Imos a aplicar a ordenanza e imos ser duros. Vai haber sancións”

Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada

Asumiu que o incremento que se está producindo de empresas madeireiras traballando nos montes da Estrada débese aos requerimentos enviados e resaltou que iso non é motivo para deixar as pistas en mal estado, polo que unha patrulla da Policía Local xa foi desprazada ás zonas nas que se rexistraron queixas para elaborar os correspondentes informes e identificar ás empresas que traballaron – e continúan a traballar – nas zonas como a de Frades.

“Isto é moi grave e non o podemos consentir”, incidiu Louzao antes de contar que unha patrulla da Policía Local quedou atrapada nas pistas cando ía a realizar o citado informe, sendo necesario que outro vehículo policial os rescatase.


Imaxe de portada: rodeira // cedida

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo