Publicidade

As pistas de atletismo acollerán dúas probas autonómicas “moi relevantes”

Este luns o Concello da Estrada acolleu a presentación de dúas probas de atletismo que acollerá a pista de atletismo. Por unha banda, o Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos Longos e, pola outra, o Circuíto Galego de Marcha Atlética. A primeira celebraráse este domingo 8, mentras que a segunda será xa en marzo, o sábado 7.

O concelleiro de Deportes, Ismael Pena, mostrou a alegría existente por “poder colaborar coa Federación”. Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, recoñeceu que en verán xa mantivo contactos co Concello para “dinamizar esta pista”.

Unha pista que atópase a medio camiño entre as sedes das dúas delegacións con máis licenzas: Santiago e Pontevedra. “Tratamos de encaixar dúas probas moi relevantes”, asegurou Sanmartín.

Ademais, detallou que o Campionato de Lanzamentos Longos contará con probas de xavelina, martelo e disco e que se vai celebrar paralelamente un control de marcas de medio fondo e fondo, no que haberá probas de 600, 800, 1000, 1500 e 2000 metros e que servirá para “darlle cobertura aos atletas locais”.

En canto ao Circuíto de Marcha, destacou a Carmen Escariz, marchadora estradense que ilustra o cartel da proba. “A marcha galega está nun nivel mundial”, reseñou, pois conta con atletas que xa competiron en mundiais e cunhas categorías inferiores “brillantes”. Para esa xornada tamén barallan incluír algún control de marcas.

Agardou que “sexa o inicio dunha gran amizade” e que A Estrada “nun futuro próximo sexa unha referencia en Galicia”. “Esta pista, co módulo multideporte, está chamada a ser unha referencia para o atletismo galego”, concluíu.

Imaxe de portada: presentación das probas // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo