Suspenden a folga indefinida nos buses tras alcanzar un preacordo

Suspenden a folga indefinida nos buses tras alcanzar un preacordo

A folga do transporte por estrada na provincia da Coruña vén de ser suspendida despois de que patronal e os sindicatos UXT e CCOO acadaran un preacordo, que a CIG xa lle avanzou a Europa Press que non asinará.

A desconvocatoria definitiva dependerá de se as asembleas de traballadores retifican o acordo. Isto chega despois de que se aprazara o inicio da folga indefinida a este martes tras solicitalo a patronal como condición para seguir negociando.

Como consecuencia desta suspensión, prestarase o servizo con total normalidade á espera do que dictaminen as asembleas de traballadores, polo que non haberá afeccións na liña A Estrada – Santiago.

Imaxe de portada: buses na estación da Estrada // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo