15 establecementos participarán nas xornadas de tapeo de salmón

15 establecementos participarán nas xornadas de tapeo de salmón

Coincidindo con elas, vai comezar a venda anticipada da Festa do Salmón

As Tapas do Salmón celebraranse do 8 ao 10 de maio na Estrada e nelas participarán 15 establecementos, tal e como se anunciou este martes despois de que Concello e Hostelería mantivesen unha nova edición para preparar a LII Festa do Salmón, que se celebrará o 17 de maio.

Nestas xornadas de tapeo de salmón participarán Samaná, Cepa e Viño, As 3 Portiñas, Argentinos Burguer, Velis Nolis, Malo Será, Enredo, A Lacena de Chucha, O Candil de Silvia, Andalucía, Eureka, Oasis, O’Lar, Os Peares e Inferno. As tapas serviranse, como mínimo, o venres 8 en horario de 20.00 a 22.00 horas; o sábado 9 de 13.00 a 15.00 e de 20.00 a 22.00 horas e o domingo 10 de 13.00 a 15.00 horas. Este horario poderíase ampliar segundo o criterio e elección de cada establecemento. O prezo da tapa será de 3 euros.

Festa do Salmón

Ademais, coincidindo coas Tapas do Salmón, poranse á venda os tíckets para a degustación popular do 17 de maio, día grande do salmón na Estrada. Dende a organización recomendan facerse con eles para evitar colas o día da festa e para saber se é necesario ampliar o número de racións previstas, unhas 5.500.

Na Festa do Salmón baterase o récord de locais participantes, que ascende a 17. Serán: Riala, Samaná, A Lacena de Chucha, Gran Vía, Malo Será, Río Liñares, Inferno, Os Peares, Cepa e Viño, Navegación, Mr Pizza, Cervela, Velis Nolis, A Casa do Lagoeiro, O Candil de Silvia, Andalucía e Scala.

Imaxe de portada: reunión para preparar a Festa do Salmón, a semana pasada // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo