Publicidade

A educación na Estrada, en folga

Mestres que imparten clase na Estrada participaron este martes na folga e manifestación convocada por CIG-Ensino e STEG, os dous sindicatos maioritarios na educación. Fixérono para reclamar a redución das ratios e das horas de clase dos mestres.

Un dos centros que máis está a notar o problema das ratios é o IES Manuel García Barros, onde varios mestres teñen sobre 160 alumnos, chegando aos 180 no caso dun deles. Unha situación que se dá nun centro que está vendo como ten varias aulas ao límite da súa capacidade e cada ano ten máis alumnado.

A manifestación que se celebrou en Santiago contou cunha participación, segundo a organización, dunhas 5.000 persoas. Comezou pasadas as 12.00 horas na Alameda e rematou en San Caetano, diante dos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

Imaxe de portada: mestres da Estrada na manifestación en Santiago // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo