Publicidade

A Estrada acolleu unha manifestación histórica en prol da educación

Centos de persoas participaron este mércores na manifestación máis numerosa nos últimos anos que acolleu A Estrada. Nela reclamáronse melloras no sistema educativo, tales como a redución das ratios — que a día de hoxe incúmprese, segundo trasladan os mestres — e o incremento do persoal docente.

A manifestación partiu da Praza do Mercado para percorrer parte da Avenida Benito Vigo, Ponteareas e subir polo centro ata o Concello, onde continuaron pola Farola para chegar ao punto de partida. Alí unha nai, unha mestra e un alumno leron o manifesto.

Comentarios

Unha resposta a «A Estrada acolleu unha manifestación histórica en prol da educación»

  1. […] infraestruturas. O PP rexeitou debater esa moción pola vía da urxencia vencellando a moción á manifestación do pasado mércores e alegando que levan en contacto coa consellería dende “hai 8 meses”. Ao rexeitarse a […]

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo