Publicidade

Activan un aviso por treboadas que poden ir acompañadas de refachos “moi fortes”

A AEMET activou para a tarde deste sábado e a madrugada do domingo dous avisos amarelos, un polas treboadas que se poden producir e outro polos ballóns que as acompañarán. Ambos comezarán ás 14.00 horas e rematarán ás 6.00 horas.

Nese periodo de tempo poden producirse treboadas que veñan acompañadas de sarabiadas e de refachos de vento “moi fortes”, segundo alerta o ente meteorolóxico. Amais, poderíanse dar acumulados de chuvia de 15mm nunha hora.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo