Na reunión mantida por integrantes dos nove centros públicos da Estrada o pasado xoves acordouse solicitar reunións coa Xefatura Territorial de Educación e co Concello da Estrada, algo que se fará nas vindeiras xornadas. Ademais, abordaron as principais necesidades.
As tres principais reclamacións que están sobre a mesa son que as instalacións sexan “dignas e seguras” para desenvolver a aprendizaxe, que se distribúa de forma “racional” o alumnado entre os diferentes centros, de tal xeito que se “evite desequilibrios” e se “garanta a continuidade no rural” e que se incremente o persoal para atender a diversidade do alumnado. Esta última é a máis prioritaria de cara ao inicio do curso 2026-2027.
Imaxe de portada: manifestación a prol da educación celebrada o 6 de maio na Estrada // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta