A Xunta de Galicia recibiu 6 ofertas de empresas para construir un edificio con 28 vivendas públicas na parte traseira do edificio da Garda Civil, na coñecida como zona do Mercadona. O inmoble, que terá forma de L, contará con vivendas de 2, 3 e 4 dormitorios. Para acceder a eles é preciso estar inscrito no Rexistro de Demandantes no Concello da Estrada.
Imaxe de portada: anuncio da licitación das vivendas // Xunta de Galicia


Deixa unha resposta