Publicidade

Martes comeza a tempada de baño e abren as piscinas municipais

A tempada de baño na Estrada comezará o vindeiro martes 23 e prolongarase ata o 6 de setembro, tanto na piscina municipal coma na praia de Liñares. Ambas instalacións abrirán de luns a venres de 15.30 a 20.30 horas e sábados e domingos de 13.30 a 20.30 horas. O luns a piscina pechará para realizar o correspondente mantemento.

A praia fluvial xa está aberta dende o pasado 1 de xuño e así seguirá ata o 30 de setembro, data no que pechará. Sen embargo, só haberá socorrista durante a tempada de baño. Por iso recoméndase ter precaución á hora de bañarse fóra de dito período.

Na praia, tal e como aparece na cartelaría, está prohibida a circulación, permanencia e baño de calquera tipo de animal doméstico na praia ou na zona de baño durante a tempada na que o recinto estea aberto ao chapuzón.

Imaxe de portada: praia de Liñares // Xornal da Estrada / Arquivo

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo