Publicidade

Sardiñada en Santeles antes das festas de San Xoán

Di o refraneiro popular que polo San Xoán a sardiña molla o pan. En Santeles iso é o que vai acontecer, pois o venres celebrarán unha sardiñada e o sábado comezarán dous días de festa na honra de San Xoán.

O venres 19 ás 22.00 horas comezará a sardiñada. Será no campo da festa e contará cunha degustación de sardiñas de balde. Tamén se poderán consumir racións de churrasco de porco con patacas por 15 euros. Terán sorteos, inchables gratis e quemada con conxuro.

O sábado 20 comezarán as festas cunha misa cantada ás 13.30 horas. Despois da procesión comezará a sesión vermú, a cargo dos Gaiteiros de Barbude. Ás 22.00 horas dará comezo a verbena, que estará amenizada polos dúos Crazy e Euphoria.

O domingo 21 oficiarase unha misa ás 13.30 horas cantada polo Coro de Paradela e seguida dunha procesión. Ao remate, a sesión vermú contará coa música da charanga Xuntanza.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo