Publicidade

Solara de Vigo amenizará as festas da Somoza

Solara de Vigo amenizará as festas da Somoza

Esta fin de semana A Somoza celebrará as súas festas na honra da Virxe dos Remedios e de San Antón. O sábado 20 ás 13.00 horas oficiarase unha misa na honra da Virxe dos Remedios. A procesión e o concerto posterior correrán a cargo da Banda Cultural da Estrada. Pola noite, o dúo Charada e Solara de Vigo porán a música. Durante a verbena sortearanse 500 puntos.

O domingo 21 a misa na honra de San Antón celebrarase ás 13.00 horas. O pasarrúas e o concerto correrá a cargo da charanga Os Atrevidos.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo