Publicidade

O 3.221 gaña o Gran Escaparate do San Paio

O 3.221 gaña o Gran Escaparate do San Paio

O escenario da orquestra Cinema acolleu o sorteo do Gran Escaparate das festas de San Paio. O número agraciado foi o 3.221. No caso de que non reclame o premio dentro de prazo, recorrerase aos seguintes números que se sacaron no sorteo.

Concretamente, o agraciado co 3.221 ten ata ás 00.00 horas do mércores 1 para reclamalo. No caso de que non o faga a tempo, o propietario do 7.744 terá ata sábado para facelo.

No caso de que tampouco o reclame, o propietario do 0028 terá tres días hábiles para facelo. No caso de que iso tampouco acontecese, quen teña o 5498 terá tres días para reclamalo.

Valorado en 15.000 euros, contén un oso de peluche de 2,5 metros, unha moto de 124CV, unha bicicleta, un televisor de 75”, un frigorífico de modelo americano, un vale de 1.000 euros para unha viaxe en Simply Travel; un vale de 500 euros en carburante en SBC; 300 euros para un seguro en Helvetia, un palé de cervexa Estrella Galicia, unha Play Station 5 e un iPhone 17.

Imaxe de portada: a comisión, intres antes do sorteo do escaparate // Xornal da Estrada

Comentarios

Unha resposta a «O 3.221 gaña o Gran Escaparate do San Paio»

  1. […] Castelao-Renda na Farola. Foi nun evento masivo ao que se achegou un gran número de estradenses. O sorteo do escaparate, a Cinema e a tirada de fogos dende a rotonda da Rúa Antón Losada Diéguez puxeron o punto final […]

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo