Publicidade

A Estrada despediu o San Paio por todo o alto, con encerrona do alcalde incluída

Este domingo remataron as festas de San Paio. Un dos momentos álxidos foi a inauguración da escultura que representa á familia Castelao-Renda na Farola. Foi nun evento masivo ao que se achegou un gran número de estradenses. O sorteo do escaparate, a Cinema e a tirada de fogos dende a rotonda da Rúa Antón Losada Diéguez puxeron o punto final aos festexos.

A principal anécdota da xornada douna o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, sobre o escenario da Cinema intres antes do sorteo. Alí, mentres se facía balance das festas, propúxolle á comisión repetir un ano máis. Dende a comisión non confirmaron que vaian repetir. Aínda así, Sally Torres, quen estaba sobre o escenario presentando o sorteo, asegurou que, de repetiren, ela súmase á comisión.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo