Este sábado os camións volverán procesionar polas rúas da Estrada. A festa do San Cristovo comezará ás 19.30 horas cos oficios dunha misa. Ás 20.30 horas comezará a gran caravana automobilística. Ao remate, haberá unha cea na Feira e unha verbena.
Unha vez rematada a misa, unha cabeza tractora recollerá o santo na igrexa e dirixirase cara a estación de autobuses. Despois, xa seguida polos camións e demais vehículos que queiran participar — coches, tractores, motos, bicicletas, etc. –, baixará ata a rotonda das Colonias para comezar a procesión.
Dende a rotonda subirán por Fernando Conde. Á altura do Florida sumaráselles na cabeza a Banda Municipal da Estrada. Seguirán polas rúas Ulla e Calvo Sotelo ata chegar á Farola, onde se fará a bendición dos vehículos. Continuarán por Peregrina e Avenida de América para rematar a procesión no semáforo do cruce das avenidas de Benito Vigo, América, Pontevedra e Santiago.
A cea custa 40 euros e nela haberá premios, sorteos e agasallos. Podese reservar chamando ao 696 492 806 (Manolo Gómez), 660 434 215 (Fica), 619 118 191 (Prado González) ou 606 259 911 (Torres).


Deixa unha resposta