Publicidade

Aberta a reserva de matrícula para a Escola da Banda

A Banda de Música Municipal da Estrada abriu o prazo de reserva de matrícula na Escola de Música da Banda para o curso 2026/2027. O prazo para facelo remata o vindeiro mércores 15.

As especialidades que se impartirán en clases individuais son óboe, frauta traveseira, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba e percusión. Será o propio alumno o que elixa o instrumento no que especializarse.

Para iniciarse no mundo da música sen que supoña un custo para os pais, os máis cativos (a partir dos 3 anos) poderán asistir ás clases de Música e Movemento. A banda tentará pór a disposición dos máis pequenos unha serie de instrumentos que lles permita familiarizarse cos que elixirán.

Asemade, na escola tamén se ofrece a posibilidade de clases en conxunto de solfexo, e de participar nas súas agrupacións mais novas, a Banda Infantil e a Banda Escola.

O formulario de preinscripción pódese solicitar por WhatsApp no teléfono 623 350 731 ou no correo electrónico bandamunicipaldaestrada@gmail.com.

Noutra orde das cousas, dende a Banda Municipal da Estrada aproveitaron a ocasión para agradecer ás comisións de festa pola confianza depositada neles. Ao longo do ano teñen contratadas máis dunha trintena de actuacións.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo