Coa construción dos últimos dous treitos da AG-59, a autovía Santiago de Compostela – A Estrada, unha das frases máis repetidas é que ir dende A Estrada ata Santiago levará 10 minutos. Ata certo punto iso é certo, mais non é a distancia real que haberá dende a vila ata a cidade (sempre e cando se respecten os límites de velocidade).
As obras da autovía provocarán cortes “puntuais” en pistas parroquiais
Xa está pechada a que une Cora co centro de saúde
Establecendo como punto de partida A Farola e como punto de chegada a rotonda do Castiñeiriño, podemos calcular o tempo que levará o traxecto. Para os traxectos xa construídos empregaremos o tempo habitual que leva facer cada traxecto segundo Google Maps, para o traxecto pola AG-59, as matemáticas.
Comezando pola parte das matemáticas, a autovía anunciouse que terá, en total 14 quilómetros. Eses 14 quilómetros, se se fan a 120km/h, levaranos 7 minutos percorrelos.

Ir dende a Farola ata O Rollo (Santa Cristina de Vea), onde estará o enlace coa AG-59, leva 7 minutos, segundo a aplicación de Google. A iso temos que sumarlle os outros tres minutos que leva ir dende o enlace da AP-53 ata O Castiñeiriño, segundo a mesma fonte.
O total dá. no caso máis rápido, 17 minutos. Iso si, para ter esta distancia teremos que agardar, cando menos, ata 2028, ano no que a Xunta prevé inaugurar o terceiro treito da AG-59.

Estes tempos, evidentemente, son en circunstancias de tráfico normais. No caso de que se produzan incidentes ou retencións, ese tempo incrementarase.
Imaxe de portada: moteiros circulando pola AG-59 na inauguración do segundo treito // Xunta de Galicia


Deixa unha resposta