Publicidade

O Folk de Raíz actualiza o seu cartel co cambio de data

O Folk de Raíz de Callobre anunciou este martes o seu cartel definitivo para a edición deste 2026. O cambio de data, motivado polo mal tempo, obrigou a facer un pequeno cambio nos artistas previstos.

O grupo Tanto nos ten, por motivos de axenda, non poderá participar na edición deste ano, prevista para o venres 11 de setembro. O cartel estará formado por Meniños do Pandeiro, De Ninghures, Leirabuxo e Cé Orquestra Pantasma. Ademais, contarán cos xogos de Sororas e un obradoiro de baile impartido por Hadrián García.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo