Publicidade

A Estrada terá un novo plan de asfaltados no rural e outro no casco urbano

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, confirmou este martes que o Concello xa ten listo un novo plan de asfaltados no rural. Haberá outro plan específico para o casco urbano. A noticia fíxoa coincidir co remate do anterior plan de asfaltados, no que se actuou en 75 vías municipais de 33 parroquias.

O investimento da última fase foi de dous millóns de euros, 800.000 euros correspondentes ao último capítulo. Na seguinte fase, o investimento será maior.

O novo plan darase a coñecer nos vindeiros días. Sen embargo, o mandatario avanzou que se seguirá o modelo de actuación por fases polo que se leva apostando. Recoñeceu que son moitas as necesidades dun rural tan extenso como o da Estrada e agradeceu a paciencia e comprensión dos veciños e veciñas que agardan que arranxen as estradas que empregan a diario. “Temos que ir por fases e programando en función das necesidades e prioridades, pero todas chegarán”, sinalou.

En canto ao casco urbano, non avanzou detalles. Sen embargo, foi un dos asuntos que, no seu momento, a oposición máis reclamou. Débese ao deterioro que sufriron as rúas nos últimos tempos, especialmente por culpa dos temporais.

Últimos puntos nos que se actuou

O plan que vén de rematar incluíu traballos en 40 vías de 23 parroquias. Concretamente foron as seguintes:

  • Toedo: Toedo, Cerrada das Carballas, O Soutiño, O Soutiño-Igrexa e A Carballa.
  • San Pedro de Ancorados: O Foxo e O Foxo-Penalba.
  • Callobre: Ponteliñares-Moreira (Devesa) e Ponteliñares.
  • Guimarei: A Torrevella.
  • Santo André de Vea: Trazaríns-Cardelle e Cardelle.
  • San Xiao de Vea: Vilanova.
  • San Tomé de Ancorados: Igrexa.
  • Aguións: A Raxeira, O Codeso e A Frieira.
  • Vinseiro: Vis de Correa.
  • Matalobos: Guendos e Saiñas.
  • Remesar: Aldea Grande e A Rabeta.
  • Santeles: Viasque, Sar e Fondevila.
  • Berres: Altiño de Berres.
  • Orazo: Riomao-Vendexa e Vendexa.
  • Arnois: Gundián.
  • Loimil: Loimil (Igrexa).
  • Rubín: Bemposta.
  • Cora: Cora.
  • Lagartóns: Os Tatos e O Viso.
  • Codeseda: Barro e Vilaboa.
  • Nigoi: O Pazo.
  • San Miguel de Castro: Igrexa.
  • San Miguel de Barcala: Negreira e Cimadevila.

Imaxe de portada: estrada en mal estado en Ribela // Xornal da Estrada / Arquivo

Comentarios

2 respostas a «A Estrada terá un novo plan de asfaltados no rural e outro no casco urbano»

  1. Avatar de ricardo blanco
    ricardo blanco

    En matalobos queda 4 pista sin asfaltar esa ni las tocaro

  2. […] En total faranse unhas 200 acometidas, 130 en Tabeirós e 70 en Nigoi. Unha vez rematen os traballos — que se prevé que sexa en outono –, darase inicio á última fase da obra, que será o asfaltado de todas as estradas afectadas polas obras desta zona. Esta mellora, adianta o Concello, trasladouse ao novo plan de asfaltados que se vai anunciar próximamente. […]

Deixa unha resposta