Publicidade

Concentración internacional de loita olímpica na Estrada

Dende o pasado 1 de agosto e ata o vindeiro venres A Estrada acolle unha concentración internacional de loita olímpica. Os participantes está aloxados na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Para os seus adestramentos, empregan as instalacións da academia e teñen ao seu dispor as instalación deportivas municipais. A actividade organízaa a Federación Galega de Loita Olímpica.

Este mércores o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, visitou aos participantes. Sinalou que acoller esta concentración permite darlle visibilidade a deportes menos mediáticos, como é a loita olímpica. “Fala moi ben do traballo da Federación de Loita e do potencial dos numerosos/as loitadores/as galegos aquí presentes”, asegurou.

Imaxe de portada: paticipantes na concentración // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo