Publicidade

Festa en Ouzande na honra do seu patrón

Esta fin de semana Ouzande celebrará as súas festas na honra de San Lourenzo e do Santísimo. O sábado 8 ás 13.15 horas oficiarase unha misa solemne, que estará seguida por unha sesión vermú a cargo da charanga 112. O domingo 9 celebrarase unha misa ás 13.15 horas. A sesión vermú estará amenizada pola Asociación Cultural Escola de Música Tradicional de Barbude.

Comentarios

Deixa unha resposta