Publicidade

Rosa de Cabanas únese a Tequexetéldere en Lorient

A ilustradora estradense Rosa de Cabanas atópase estes días en Lorient (Bretagne, Francia) no maior festival de música celta do mundo. A súa presenza débese a que a exposición As que fan a festa está a ser exposta no espazo Euro Celtics Arts.

Ademais, Rosa de Cabanas foi a deseñadora da imaxe que loce Tequexetéldere no festival. Protagonízana un mozo e unha moza, ambos de perfil, que poderían ser bailadores ou músicos.

Aparecen ataviados con elementos tradicionais inspirados nos traxes de festa. Para ser exactos, ela leva un pano en tonos vermellos e el, unha monteira. Na monteira engadiuse unha pequena alusión a Francia, pois o seu estampado está inspirado no breixo de Cornualles, un busto emparentado con carrouchas ou uces que abundan nos nosos montes.

Paso de Tequexetéldere polo festival

No que respecta a Tequexetéldere, tanto este mércores 5 coma xoves 6 participarán de novo no Horizons Celtiques, que se celebra no estadio. O seu paso polas terras galas remata o venres 7 co Atelier de danses galiciennes (taller de baile galego), na Salle Carnot. Dende as 15.30 horas e durante 50 minutos mostrarán o baile galego aos presentes.

Imaxe de portada: Rosa de Cabanas cos integrantes de Tequexetéldere // cedida

Comentarios

Deixa unha resposta