O festival As Nosas Músicas, que comeza este xoves, vén de anunciar cambios nos horarios do festival por mor da calor. Deste xeito, en lugar de comezar ás 17.00 horas, tal e como estaba previsto, comezarán ás 18.00 horas.
Será ás 18.00 horas cando abra a Mostra de Artesanía As Nosas Músicas. Os xogos tradicionais de Anacos darán inicio ás 19.00 horas, dúas horas máis tarde do inicialmente previsto. A animación musical con De Cotío aprázase ata ás 19.30 horas e o espectáculo de títeres Barriga Verde ataca de novo, de Alakrán, ás 20.30 horas. A ruada, na que estarán De Cotío, Arreixeira, Lembranzas do Tambre, Soalleira e Sete Ferrados, comezará ás 21.30 horas.
Dende a Asociación A Xesteira, organizadora do festival, confirman a este medio que o cambio de horarios, polo de agora, só afecta á xornada deste xoves. Para a do venres prevese un descenso térmico.
Imaxe de portada: escenario do As Nosas Músicas durante os preparativos // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta