Publicidade

Os santos volverán xuntarse na Grela

Codeseda vivirá esta fin de semana a súa festa máis coñecida: a da Grela. Comezarán venres coa II Festa da Orella, na que se poderá degustar este produto por cinco euros. Estará amenizada polo trío Azabache.

O sábado 5 será o día grande. Ás 18.00 horas será a procesión dos santos de Codeseda, acompañada polo grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo. Ás 18.30 horas sairá a Virxe de Guadalupe da Grela, acompañada por Santa Rita de Cereixo, San Xoán de Liripio e San Ramón. Ás 19.00 horas atoparanse todos os santos na Cruz da Grela, onde se fará unha ofrenda aos defuntos. Ás 20.00 horas oficiarase na capela da Grela unha misa cantada. Ás 21.00 horas Os Abrentes de Cerdedo darán un concerto. Ás 22.30 horas comezará a verbena, a cargo do trío Banarama e o dúo Stylo.

O domingo 6 haberá misas ás 11.00 e 12.00 horas. Ás 13.00 horas será a misa solemne, cantada pola charanga Los Támega. Ao remate, actuará o grupo de gaitas Os Ke Hai e haberá unha gran tirada de fogos. Ás 17.00 horas actuará a charanga Los Támega e comezará unha gran festa infantil.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo