Este venres estiveronse facendo traballos de pintado na EP-7001 (Estrada a Forcarei). En territorio estradense, os operarios centráronse no treito comprendido entre o cruce de Sabucedo e a parroquia de Liripio.
Cómpre sinalar que a Deputación de Pontevedra, titular desta estrada, ten adxudicada a mellora do firme dende o cruce coa Estrada a Ouzande (punto quilométrico 0+300) ata o cruce de Sabucedo (punto quilométrico 12+200). Nese treito retirarase e sanearase o firme actual e executarase o novo firme cunha capa de rodadura final constituída por unha mestura bituminosa en quente, e a aplicación de microaglomerado en frío nalgunhas zonas, para reforzar e protexer o pavimento. Instalaranse tubaxes específicas para drenar a estrada e protexer a estrutura do novo firme, e tamén se procederá a renovar a sinalización.
Imaxe de portada: zona repintada // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta