Publicidade

Unha persoa resulta ferida tras envorcar co seu coche en Moreira

Unha persoa resultou ferida nunha saída de vía no lugar da Pica, en Moreira. Ocorreu ás 8.30 horas cando circulaba pola EP-7017. O coche quedou envorcado sobre o seu teito. A vítima necesitou axuda dos servizos de emerxencia para saír do vehículo. Posteriormente foi trasladada ao Hospital Clínico.

No operativo participaron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros do Deza, GES e o Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada, así como os servizos de conservación da vía.

Comentarios

Deixa unha resposta