Publicidade

GALERÍA| O acendido máis especial

Chámase Álex, ten 9 anos e estuda no CEIP de Figueiroa. Cando fixo a súa Primeira Comuñón, atopouse co alcalde nas festas de Tabeirós e manifestoulle o seu descontento porque o pasado Nadal non se colocara unha árbore na praza do Concello. Louzao prometeulle colocala, pero cunha condición: que el fora quen acendera o alumeado de Nadal.

E así foi como, Álex, un rapaz de 9 anos que estuda no CEIP de Figueiroa, premeu este xoves o botón que iluminou gran parte das rúas da Estrada coa maxia do Nadal ante unha praza do Concello ateigada de rapaces, nais, pais e outros estradenses que quixeron compartir o momento.

Comentarios

Unha resposta a «GALERÍA| O acendido máis especial»

  1. […] 2024 foi Álex, un rapaz de 9 anos, o que dou inicio de xeito oficial ao Nadal na Estrada. Este ano o Concello apostará por un evento no que os rapaces continuarán sendo os protagonistas […]

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo