A orquestra París de Noia vén de anunciar as actuacións previstas para o mes de maio. Destaca que, en apenas dúas semanas, actuará en dúas festas diferentes que se celebrarán no municipio.
A primeira será o 17 de maio, na Festa do Salmón. Como aconteceu na edición anterior, será esta orquestra a encargada de musicar o tardeo da festa gastronómica. Ademais, será a primeira orquestra que actúe na nova Praza de Galicia, popularmente coñecida como A Farola.
O 24 de maio a París de Noia formará parte dos festexos do San Campio de Rubín. Neste caso tamén será nun tardeo, no que estarán acompañados por un dúo musical e a discoteca Pirámide XL.
Imaxe de portada: a París de Noia en Guimarei // Xornal da Estrada

Deixa unha resposta