Publicidade

Aguións acollerá unha das primeiras actuacións da nova xira da París de Noia

Aguións acollerá unha das primeiras actuacións da nova xira da París de Noia

O San Antón de Aguións terá como prato forte a orquestra París de Noia. Será unha das primeiras actuacións da xira Va por ti, que se estrará este mesmo venres en Mos. As festas de San Antón celebraranse o venres 12 e o sábado 13 de xuño.

O venres estarán as orquestras París de Noia e Fuego. Xa o sábado, un pasarrúas coa charanga Os Atrevidos dará comezo aos festexos. Ás 13.00 horas oficiarase unha misa cantada polo Coro Parroquial de Aguións. Ao remate, terá lugar a sesión vermú coa charanga Os Atrevidos. Á noite, a verbena correrá a cargo da orquestra Marbella e da discoteca Pirámide XL, que contará co DJ Carlos López. Ás 00.00 horas tiraranse fogos de artificio.

Imaxe de portada: actuación da orquestra París de Noia na Festa do Salmón // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo