Publicidade

Este luns póñense á venda as entradas para o espectáculo de Goyo Jiménez

Este luns póñense á venda as entradas para o espectáculo de Goyo Jiménez

O vindeiro luns poranse á venda as entradas para o espectáculo American forever, de Goyo Jiménez. A actuación será o 10 de decembro ás 20.30 horas no Teatro Principal.

Goyo Jiménez pasou polo teatro antes de dar o salto á televisión, onde estivo en formatos como El club de la comedia, La hora de José Mota, Zapeando, Órbita Laika ou Un país para reírlo. Entre os monólogos destacados atópanse Canis: Los ameicanos ou Ligar en EEUU.

De feito, considérase un “especialista en asuntos americanos”. Iso demostrarao co monólogo American forever, un traballo que o converte nun ‘embaixador’ non oficial dos Estados Unidos.

As entradas poderán mercarse presencialmente no departamento de Cultural do Concello da Estrada dende o vindeiro luns 1 de xuño ou na web ataquilla.com. O prezo será a partires de 22 euros.

Imaxe de portada: Goyo Jiménez // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo