Publicidade

O IES Manuel García Barros pon de relevo o traballo dos torneiros de Berres

O IES Manuel García Barros pon de relevo o traballo dos torneiros de Berres

Están ultimando unha exposición fotográfica · Contaron coa colaboración de Ariadna Silva

Alumnado do IES Manuel García Barros presentou este venres a exposición fotográfica Unha vida en madeira, que versa sobre o labor dos torneiros de Berres. Os protagonistas serán Xosé Ruibal, coñecido como Pepe de Amparo, Manolo Ferradáns e Xesús Pereiras, coñecido como Pavero.

Comentaron que con esta exposición buscan homenaxear “a aqueles que mantiveron viva a tradición durante tantos anos” e, á vez, converter a Sala Abanca nun “espazo de encontro entre memoria cultural e patrimonio local”. O proceso de elaboración contou cun taller de manexo de cámara, unha investigación documental, preparación e realización das sesións de fotos, así como edición, deseño e montaxe da exposición.

Unha alumna sacando a foto. Ao seu carón, Ariadna Silva // cedida

Contaron coa colaboración da estradense e exalumna dese centro Ariadna Silva, quen os guiou no proceso e ensinoulles como facelo. En total fixeron preto dun milleiro de fotografías, das que só verán a luz 25.

A exposición poderase ver na Sala Abanca dende o venres 5 de xuño ás 19.00 horas ata o venres 19 dese mesmo mes.

Imaxe de portada: presentación da exposición // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo