Dende este luns poderanse mercar as entradas para acceder aos curros da Rapa das Bestas. A compra tense que facer por internet. A entrada xeral custa 15 euros, aínda que no caso de nenos e nenas de entre 5 e 12 anos o prezo redúcese a 10 euros. Os menores de catro anos que non ocupen asento entrarán gratis.
Imaxe de portada: Rapa das Bestas 2025 // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta