Este venres 12 e sábado 13 Aguións celebra o San Antón. O venres estarán as orquestras París de Noia, que está inmersa na estrea do seu novo espectáculo, e Fuego.
Xa o sábado, un pasarrúas coa charanga Os Atrevidos dará comezo aos festexos. Ás 13.00 horas oficiarase unha misa cantada polo Coro Parroquial de Aguións. Ao remate, terá lugar a sesión vermú coa charanga Os Atrevidos. Á noite, a verbena correrá a cargo da orquestra Marbella e da discoteca Pirámide XL, que contará co DJ Carlos López. Ás 00.00 horas tiraranse fogos de artificio.


Deixa unha resposta