Publicidade

Grazas por tanto

Grazas por tanto

A Estrada rendiu homenaxe aos mestres que se xubilaron este curso

Por segundo ano o Concello da Estrada celebrou o Día do Mestre. Este acto serve para recoñecer aos mestres que se xubilaron ao longo do curso que vén de rematar.

No acto, ao que foron convidados todos os que se xubilaban, finalmente asistiron Miguel Ángel Carbajal Porto, María Jesús Tato Carbajales, Victoria Bernárdez Mallo, Xosé Luna Sanmartín e María Hortensia Rodríguez Vicente. Aínda que confirmara a súa presencia, finalmente non puido estar María Ángel Carballo García. Todos eles impartiron docencia no IES Manuel García Barros, CEIP Pérez Viondi, CEIP Villar Paramá, CEIP O Foxo e IES Avelina Valladares.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo