Este sábado 11 Loimil celebra a festa do Carme. Os festexos comezarán ás 13.30 horas cunha misa. A sesión vermú contará coa música da charanga BB+.
Ás 15.00 horas comezará un xantar popular no que se servirá polbo, churrasco, bebida, pan, café e sobremesa. Os nenos de entre 0 e 5 anos non terán que pagar nada, namentres que os de entre 6 e 12 anos pagarán 15 euros e os adultos, 35 euros. As reservas faranse no 625 99 59 26. As entradas pódense adquirir en Bodedos, As Camelias e Victorino. A festa estará amenizada pola charanga BB+ e o dúo Cristina e Lucía.


Deixa unha resposta