Publicidade

A rotura dunha tubaxe obrigou a pechar o vaso grande das piscinas municipais

O vaso grande das piscinas municipais tivo que ser pechado este martes por mor da rotura dunha condución. A primeira hora da mañá detectouse un consumo de auga anómalo na Zona Deportiva, polo que a maquinaria púxose en marcha para atopar o punto en que se produciu.

Como a tubaxe afectada atopábase varios metros por debaixo do nivel do chan, tívose que baleirar o vaso grande. A fuga de auga produciuse nunha das conducións, sen que se vira afectada a infraestrutura do vaso principal, que non tiña nin fisuras nin ningún tipo de dano.

Durante a xornada deste mércores farase unha comprobación do funcionamento da instalación. Deste xeito, irase recuperando progresivamente o nivel da auga paa verificar que non existe outra incidencia. De ir todo correctamente, encherase de todo o vaso para retomar o antes posible o seu uso.

Debido a esta situación, decidiuse permitir o acceso gratuíto ao recinto mentres dure o peche do vaso principal. O baño só está permitido nos vasos mediano e pequeno.

Cómpre destacar que esta situación prodúcese nun momento no que a outra instalación de baño municipal, a praia de Liñares, tampouco se atopa operativa na súa totalidade. Dende este luns estanse instalando as comportas que servirán para encorar a auga. A previsión do goberno municipal é que estan listas de cara a vindeira fin de semana. Polo de agora, pódese desfrutar do baño, mais a auga non ten a altura habitual.

Imaxe de portada: traballos de búsqueda do punto de fuga da auga // Concello da Estrada

Comentarios

2 respostas a «A rotura dunha tubaxe obrigou a pechar o vaso grande das piscinas municipais»

  1. […] relación ás fugas de auga detectadas este martes na Zona Deportiva e que obrigaron a pechar o vaso grande, o socialista reaccionou a través das redes sociais. […]

  2. […] xoves. Na mañá deste mércores comezouse a encher de auga despois de terse que ter baleirado pola rotura dunha tubaxe. Unha vez se completou o proceso, aplicouse o tratamento á auga coa vista posta en abrila o antes […]

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo