O goberno da Estrada dou a coñecer este xoves os asfaltados que farán no casco urbano e na súa periferia. Para iso destinarán 150.000 euros, correspondéndose 100.000 euros aos traballos no casco urbano.
No ámbito urbano, asfaltaranse seis rúas. Son a Rúa da Cultura, a Rúa Antón Losada Diéguez — onde se farán obras nos lombos de burro presentes nas inmediacións do colexio Nosa Señora de Lourdes –, varios tramos da Avenida Fernando Conde, a Travesía de Fernando Conde, a Rúa Decoita e a Segunda Travesía de Leicures.
Na parte rural da parroquia da Estrada, mellorarase o pavimento de cinco vías. Concretamente no Vilar, no acceso ao Recreo Cultural, o Camiño de Penerada-Ouzande, o Camiño dos Ramos e no Pedregal.
Na nota remitida aos medios non especifican prazos. Xunto a estes asfaltados, para este 2026 tamén se prevé un gran desembolso nas pistas do rural, malia que aínda non foron anunciados. A ese respecto, dende o Concello sinalan que o farán nos “vindeiros días”. Sen embargo, que se faga o anuncio non quere dicir que os traballos vaian comezar no curto prazo.
Imaxe de portada: Cruce da Avenida Fernando Conde coa Travesía Fernando Conde // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta