
A Estrada é un dos concellos que, por pouco, non poderá desfrutar dunha eclipse total o vindeiro mércores 12. Sen embargo, a porcentaxe de superficie solar ocultada pola lúa será moi alta. Ademais, existe unha forma de saber se poderemos ver ben a eclipse.
Contidos do artigo
Ocultación por parroquias
A ocultación da superficie solar oscilará entre o 99,84% de Arca e o 99,97% de San Miguel de Castro e Loimil, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN polas súas siglas en castelán). Na seguinte lista podes comprobar cal será a porcentaxe na túa parroquia:
- Agar: 99,94%
- Aguións: 99,90%
- Ancorados (S. Pedro): 99,93%
- Ancorados (S. Tomé): 99,94%
- Arca: 99,84%
- Arnois: 99,96%
- Baloira: 99,89%
- Barbude: 99,92%
- Barcala (Sta. Mariña): 99,87%
- Barcala (S. Miguel): 99,88%
- Berres: 99,94%
- Callobre: 99,91%
- Castro (S. Miguel): 99,97% — ubicación oficial para ver a eclipse
- Cereixo: 99,90%
- Codeseda: 99,87%
- Cora: 99,91%
- Couso: 99,91%
- Curantes: 99,94%
- A Estrada: 99,89%
- Frades: 99,88%
- Guimarei: 99,90%
- Lagartóns: 99,90%
- Lamas: 99,92%
- Liripio: 99,89%
- Loimil: 99,97%
- Matalobos: 99,88%
- Moreira: 99,92%
- Nigoi: 99,88%
- Oca: 99,96%
- Olives: 99,94%
- Orazo: 99,96%
- Ouzande: 99,88%
- Parada: 99,89%
- Paradela: 99,93%
- Pardemarín: 99,91%
- Remesar: 99,95%
- Riobó: 99,95%
- Ribeira: 99,93%
- Ribela: 99,89%
- Rubín: 99,92%
- Sabucedo: 99,86%
- Santeles: 99,92%
- Somoza (A): 99,93%
- Souto: 99,87%
- Tabeirós: 99,88%
- Toedo: 99,90%
- Vea (S. Xiao): 99,89%
- Vea (Sta. Cristina): 99,90%
- Vea (S. Xurxo): 99,88%
- Vea (Sto. André): 99,89%
- Vinseiro: 99,90%
Como saber se estou nun lugar idóneo para ver a eclipse
O IGN ten un mapa interactivo co que se pode saber se se verá a eclipse dende cada punto do país. Nel, só teremos que clicar no punto dende o queremos ver ou buscalo no buscador para que nos diga se será visible, a ocultación da superficie solar e as horas de inicio, ocultación máxima e final, entre outros datos. O problema que ten este mapa é que só ten en conta o relevo. É dicir, que para indicarnos se poderemos ou non ver a eclipse non ten en conta a presenza de árbores e edificios.
Existe outra forma de saber se dende a nosa ubicación poderemos ver a eclipse. Trátase dun visor web do Goberno de España. Nel, teremos que pulsar en “escanear” e permitir os accesos a cámara e ubicación. Despois, poderemos ver onde se colocará o sol no momento da eclipse e, así, comprobar se a ubicación é boa ou mala.
Que tempo fará durante a eclipse?
A AEMET actualiza todos os días a súa previsión especial para a eclipse. Segundo a actualización deste venres, na Estrada será un día solleiro no que pode haber algunha nube. As temperaturas oscilarán entre os 17 e os 33 graos.
No momento da eclipse, segundo as previsións actuais — que serán máis fiables segundo se vaia achegando a data — non haberá nubes nos ceos estradenses, podendo vela sen que algunha nube arruíne o momento.
Imaxe de portada: eclipse // Rino Adamo / Pexels


Deixa unha resposta