Publicidade

Dobre fin de semana festiva en Paradela

Paradela vivirá unha dobre fin de semana festiva. O sábado 15 e o domingo 16 celebrarán as festas de Santa María e o venres 21 e o sábado 22, a festa dos desamparados.

Tanto o 15 coma o 16 oficiaranse misas cantadas polo coro parroquial. Os dous días serán ás 13.30 horas.

O venres 21 terán unha verbena a cargo do dúo Eva e Camilo. Comezará ás 23.00 horas. O sábado 22, ás 13.15 horas, oficiarase unha misa solemne cantada polo coro parroquial. O pasarrúas e a sesión vermú correrán a cargo da Banda de Música Municipal da Estrada. Ás 23.00 horas comezará a verbena, amenizada polos dúos Arcángel e Son II. Ás 00.00 horas tiraranse fogos de artificio. Durante a verbena haberá sorteos e, se o tempo o permite, contarán con inchables gratis.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo