
Este mércores A Estrada será escenario dunha eclipse case total. Será na última metade da tarde e, coas previsións actuais, parece que o tempo acompañará.
Horario da eclipse
A eclipse durará na Estrada, segundo os cálculos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN polas súas siglas en castelán), case unha hora e 51 minutos. O inicio prevese para as 19.32 horas, alcanzándose o máximo ás 20.29 horas. O remate será ás 21.23 horas.
Canto se ocultará o sol na miña parroquia durante a eclipse?
San Miguel de Castro e Loimil serán as parroquias máis próximas a unha eclipse total
Previsión meteorolóxica
A deste mércores, segundo as previsións da AEMET, será unha xornada que comezará con néboas na Estrada, pero na que o ceo irá despexando progresivamente. Durante a tarde non se prevén nubes. As temperaturas serán altas, sendo a mínima de 17 graos e, a máxima, de 34.

Con vistas ao horizonte, podería haber nubes baixas na costa da Coruña. Sen embargo, coas previsións actuais, a posibilidade de que os ceos estean cubertos na liña do horizonte é baixa.

Trucos para ver a eclipse con seguridade se non teño os lentes necesarios
Varias formas completamente seguras de vela
Imaxe de portada: eclipse // Pexels


Deixa unha resposta